Lingua o'odham

O'odham
O'odham
Outros nomes:Pima, pápago
Falado en: Estados Unidos de América Estados Unidos
México
Rexións: Arizona, Sonora
Total de falantes: 9 600 nos Estados Unidos (2000); 161 en México (2010)[1]
Posición: Non entre as 100 maiores
Familia: Linguas uto-aztecas
 Uto-aztecas meridionais
  Linguas tepimanas
   O'odham
Status oficial
Lingua oficial de: En México ten recoñecemento como lingua nacional.[2]
Códigos de lingua
ISO 639-1: non ten
ISO 639-2: non ten
ISO 639-3: ood
Mapa
Status

O o'odham está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[3]

O o'odham (como se lle chama comunmente a dous pobos indíxenas cuxos dialectos son practicamente idénticos: os pápagos e os pimas) é unha lingua uto-azteca falada por indíxenas do estado de Arizona, nos Estados Unidos, e Sonora, en México. Posúe uns doce mil falantes en territorio estadounidense e unhas cantas centenas no territorio mexicano, onde está considerada unha lingua en perigo de extinción. Segundo o Censo do 2000 dos Estados Unidos e outras enquisas lingüísticas, o o'odham é a sexta lingua indíxena con maior número de falantes, despois do navajo, o dakota, o iupik, o cherokee e o apache occidental.

O'odham ñiok (escrito tamén O'odham ñeok) é a designación nativa desta lingua, onde ñiok é a palabra que designa lingua ou fala, mentres que o'odham é o autónimo co que se chaman a si mesmos.

  1. INALI (2010). INALI, ed. "Lenguas indígenas en México y hablantes (de 5 años y más) al 2010" (en castelán). México. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  2. Honorable Congreso de la Unión (13 de marzo de 2003). "Ley General de Derechos Lingüísticos de los Pueblos Indígenas" (PDF). Diario Oficial de la Federación (en castelán) (México). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne